IU pide a demisión de Rajoy e convocatoria de eleccións

O coordinador federal de Izquierda Unida, Cayo Lara, vén de afirmar que se é certo o cobro de sobresoldos dos qe informa El País, Mariano Rajoy debería demitir de inmediato e convocar eleccións
Cayo Lara en Vigo
photo_camera Cayo Lara en Vigo

Cayo Lara considera que se é certo que houbo pagamentos en negro a dirixentes do PP, entre eles Mariano Rajoy, o presidente do goberno español e do Partido Popular debería demitir de inmediato e convocar eleccións anticipadas. Para o coordinador de IU, estes pasos serían imprescindíbeis para "rexenerar a democracia".

Na mesma liña manifestáronse otras formacións, como Iniciativa per Catalunya ou a Chunta Aragonesista, qe consideran que "o fedor é insoportábel".

O diario El País publica hoxe as anotacións do ex tesoureiro Luís Bárcenas. Do seu contido tírase que o presidente do PP e do Goberno, Mariano Rajoy, recibiu pagamentos en negro por valor de 25.200 euros anuais durante 11 anos.

Comentarios