Suso de Toro, entre os promotores do manifesto

Intelectuais esixen “respecto aos dereitos democráticos” dos presos políticos cataláns

Un grupo de xente de todo o Estado relacionada co mundo da cultura, o ensino e a política vén de asinar un manifesto en que esixen “respecto aos dereitos democráticos” dos presos políticos cataláns. “O Estado que non respecte eses dereitos non se comporta de forma democrática”, consideran.
 

presos políticos cataláns
photo_camera Sete dos nove presos políticos cataláns na prisión de Lledoners. Foto: cedida.

O breve texto, apenas tres parágrafos, é froito “da urxencia”, segundo sinala a Sermos Galiza un dos seus promotores, o escritor Suso de Toro, que alerta do “contexto ideolóxico completamente autoritario” en que se está adentrando o Estado español.

Xustiza efectiva é o seu título e apóiano coa súa sinatura xornalistas como Rosa María Artal, Cristina Fallarás, Javier Gallego ou Xosé Manuel Pereiro; profesores como Antón Losada, César Rendueles ou Javier Pérez Royo; ou escritores como Isaac Rosa, Manuel Rivas, Chus Pato, Mercedes Queixas, Antón Reixa, Bernardo Atxaga ou Cesáreo Sánchez Iglesias.

“Os dirixentes políticos e sociais cataláns presos formulan un dilema que non podemos obviar sen nos sentir cómplices da inxusta situación en que se atopan”, sinala o documento difundido esta segunda feira, “están presos por pretender as súas reclamacións políticas e fixérono pacificamente”.

“Reclamamos ao poder xudicial e demais instancias do Estado a súa inmediata liberdade e que o Tribunal Constitucional deixe de obstaculizar os recursos de amparo que estes concidadáns presentaron até oito veces”, di. Para os e as asinantes, “non se trata de compartir ou non as súas posicións políticas, trátase de reclamar que se respecten os dereitos civís duns concidadáns”.

Asinantes

Bernardo Atxaga
Carlo Frabetti
Pedro Feijóo
Iban Zaldua
Xosé Manuel Pereiro
Rosa María Artal
Javier Pérez Royo
Isaac Rosa
Suso de Toro
Manuel Rivas
Beatriz Talegón
Pedro Feijóo
Carolina del Olmo
Antón Losada
Cristina Fallarás
Francisco Castro
Óscar Pazos
Javier Rebollo
César Rendueles
Vítor Vaqueiro
Aitor Merino
Rexina Vega
Paul Fallon
Lourenzo Fernández Prieto
Cesáreo Sánchez Iglesias
Santiago Alba Rico
María Eugenia Rodríguez Palop
Javier Gallego Garrido
Alfons Cervera
Jaime Pastor
Sergio Pascual Peña
José Antonio Pérez Tapias
Mercedes Queixas Zas
Jorge Cagiao y Conde
Ramón Cotarelo
Francisco Castro
Xosé María Álvarez Cáccamo
Manel Fontdevila
Antón Reixa
Chus Pato
Xurxo Souto
Xoán Antón Pérez-Lema
Francisco Alonso Villaverde
Daniel Salgado

Comentarios