Inditex doou 36.000 euros ao PP en ano electoral

A empresa é a única do IBEX 35 que figura na listaxe oficial de doantes ao Partido Popular. Doou os cartos en 2008, no que houbo eleccións xerais, gañadas por Zapatero fronte a Rajoy

Amancio Ortega
photo_camera Amancio Ortega

Inditex doou 36.000 euros en 2008 ao Partido Popular. Un ano no que houbo eleccións xerais e Mariano Rajoy volveu saír derrotado ante o candidato socialista, Rodríguez Zapatero. Así o mantén o diario El Plural, citando un documento que está na Audiencia Nacional e ao que este medio tivo acceso

O emporio de Amancio Ortega é o único que cotiza no IBEX 35 que figura na listaxe oficial de doantes do Partido Popular.

Hai que ter en conta que desde 2007 a lexislación prohibe as doazóns anónimas a partidos políticos. De facer esa achega económica, tería que poñer nome e apelido a ese apoio económico, o que fai que as empresas sexan refractarias

Comentarios