Independentistas de base debaten o seu posicionamento perante a cita electoral do 25S

Convoca unha asemblea aberta para este domingo en Compostela.

independentismo 25 xullo

Independentistas de base teñen este domingo, 11 de setembro, unha cita en Compostela, onde vai decorrer unha asemblea para debater un posicionamento conxunto face as eleccións galegas do 25 de setembro. A reunión, de carácter deliberativo, será a partir das 11:00 horas no colexio Apóstol Santiago da capital de Galiza e o único punto que figura na orde do día é a postura a adoptar face esta cita coas urnas. Posteriormente, informan nun comunicado, realizarse unha votación telemática que será a que determine o posicionamento a este respecto.

Con este paso, sinalan, continúase coa liña de traballo aberta o Día da Patria por independentistas de base que sumaron forzas para convocar a manifestación “Em pé pola Independência Nacional “, que reuniu a varios centos de persoas.

Neste sentido, a asemblea do domingo é “um paso máis adiante” no proceso impulsado o 25 de Xullo e que ten como intención axudar a crear as condicións acaídas para dotar Galiza dun proxecto político independentista.

Comentarios