Causa Galiza convoca unha homenaxe nacional aos ‘Mártires de Carral’

A formación independentista incide na importancia dun feito, a ‘Revolución de 1864’, que interpreta como ‘’a primeira resposta coletiva ao processo de constituiçom do moderno Estado espanhol unitário’’.

Causa Galiza organiza este domingo, 26 de abril, unha Homenaxe Nacional aos ‘Mártires de Carral’, un acto que decorrerá en Compostela e no que haberá intervencións en chave histórica e política, así como un posterior xantar de confraternidade. A formación independentista vén conmemorando esta data desde o 2007, incidindo na importancia duns “factos históricos” que supoñen a “primeira resposta colectiva” galega perante o proceso de constitución dun “Estado español unitario”.

A homenaxe comezará ás 13:30 horas perante a fachada de San Martiño Pinario, o mosteiro onde se refuxiaron os ‘revolucionarios’ do alzamento de 1846, que malia derrotado e dando lugar a unha forte represión, sentou as bases do movemento rexionalista e nacionalista.

O manifesto dos sublevados que publicou a Xunta o 15 de abril de 1846 afirmábase que Galiza debía loitar para erguerse da situación  na que se atopaba”. “Os provincialistas non dubidaban en denunciar que Galiza estaba convertida nunha verdadeira “''colonia da Corte''”. O manifesto foi publicado no xornal La Revolución, voceiro da Xunta de Goberno, que tiña a Antolín Faraldo, un dos principais líderes do provincialismo, como secretario”. 

Comentarios