Incoan expediente ao alcalde de Ribeira pola ‘’inauguración encuberta’’ do mercado municipal

O BNG presentara unha reclamación perante a Xunta Electoral de Zona por estes feitos do 22 de abril. A XEN acordou incoar expediente o alcalde ribeirense.

Manuel ruiz ribeira
photo_camera Manuel Ruíz

O pasado 22 de abril o BNG de Ribeira presentaba perante a Xunta Electoral de Noia unha reclamación contra Manuel Ruíz, alcalde da localidade barbanzá, e a concelleira de Educación (ambos os dous do PP) por unha vulneración da lei electora. Na reclamación presentada polos nacionalistas sinálase que coa desculpa de inaugurar unha exposición (‘Feira da Educación’)procedeuse a que a veciñanza puidese acceder ao mercado municipal e coñecer as instalacións no que entende que foi unha ‘inauguración encuberta’.

O BNG sinala que recibiu a resolución da Xunta Electoral de Zona, na que se di que se adoptou o acordo de “incoar expeidente sancionador ao alcalde-presidente do Concello de Ribeira e á concelleira de Educación e Servizos Sociais [...] polos feitos aos que fai referencia a denuncia do BNG”.

Comentarios