Imputado na Pokemon o alcalde do Carballiño

O popular Argimiro Marnotes Fernández prestará declaración por delitos de tráfico de influencias e revelación de segredos.

Máis unha imputación na operación Pokemon. Desta volta o rexedor do Carballiño, Argimiro Marnotes (PP), quen foi chamado a declarar como imputado por supostos delitos de tráfico de influencias e revelación de segredos. Segundo informan diversas fontes o rexedor teríase amosado "alucinado" após recibir o auto da xuíza Pilar de Lara.

Esta mesma segunda feira, a concelleira compostelá Rebeca Domínguez, prestou declaración nos xulgados de Lugo por segunda vez. A responsábel municipal de Educación foi imputada a finais do pasado ano por suposto delito de prevaricación na adxudicación dun servizo de gardería á empresa Vedex, arredor da que xiraría tamén a imputación do carballinés.

Comentarios