Imputado o director xeral de loita contra incendios por contratacións irregulares

Está a ser investigado por presuntas irregularidades na contratación de servizos de helicópteros para extinguir lumes en 2012.

fernandez couto
photo_camera Fernández Couto

O director xeral de Ordenación Forestal, Fernández Couto, a persoa que desde hai 17 anos é o máximo responsábel galego na loita contra os incendios, está a ser investigado por presuntas irregularidades na contratación do servizo de helicópteros en 2012.

CIG presentou en 2012 perante o xulgado de Santiago unha denuncia sobre a actuación da daquela Consellería do Medio Rural e do Mar en canto ao servizo de extinción de incendios con helicópteros á empresa Inaer, responsábel da gran maioría das aeronaves de salvamento, gardacostas ou emerxencias da Xunta. O Consello de Contas tamén detectou diversas irregularidades nos contratos de helicópteros.

Comparecencia urxente

A oposición (En Marea, PSdeG, BNG) uniuse xa para pedir de inmediato a comparecencia urxente da conselleira de Medio Rural para que explique se ten pevisto adoptar medidas após a imputación de Fernández Couto. O director xeral xa fora albo das críticas da oposición pola súa xestión da vaga de incendios que arrasara perto de 50.000 hectáreas a mediados do pasado mes de outubro.

Comentarios