Chaman a declarar a concelleira de Educación de Compostela polo caso Pokemon

A concelleira e un funcionario da mesma área foron chamad@s a declarar no decorrer da operación Pokemon. Segundo apuntan, podería tratarse dun suposto caso de tráfico de influencias.
Ángel Currás e Rebeca Domínguez
photo_camera Ángel Currás e Rebeca Domínguez

A responsábel popular de Educación do Concello de Compostela, Rebeca Domínguez Iglesias, que chegou á equipa municipal após a dimisión do ex-alcalde da cidade, Gerardo Conde Roa, foi chamada a declarar xunto cun funcionario da súa área no decorrer das investigacións polo caso Pokemon. A xuíza de instrución, fixou para o vindeiro día 20 a comparecencia. O chamamento deberíase a un suposto caso de tráfico de influencias vencellado coa xestión dunha gardería xestionada por unha das empresas relacionadas co grupo Vendex.

Neste sentido, diversas fontes avanza que a concelleira e o funcionario poderían ter empregado o seu posto como traballador@s públic@s para beneficiar a empresa concesionaria, dándolle validez legal a propia Domínguez Iglesias. O director da empresa (Samesana) á que se lle encomendara a xestión, Alberto Quintana tamén foi imputado no desenvolvemento da operación Pokemon.

Comentarios