Iglesias propón unha listaxe única para as primarias de Podemos

Embora ser un bosquexo, prevese a súa aprobación no Consello Cidadán desta terza feira.

podemos

Segundo avanza eldiario.es o secretario xeral de Podemos, Pablo Iglesias, tería presentado xa a súa proposta para as primarias da formación de cara ás eleccións a Cortes españolas a finais deste ano. 

A idea de Iglesias é a conformación dunha listaxe única con plantilla que abranga o conxunto do Estado español como circunscrición única e coa que se elixirían as persoas que integrarían as candidaturas das 52 circunscricións --correspondentes coas provincias. 

Como? A persoa con máis apoios sería o número 1 por Madrid como candidata á presidencia do Goberno español. A segunda poderá elixir entre candidatarse como número 2 ou presentarse como cabeza de lista por unha outra circunscrición e así sucesivamente, segundo explica Andrés Gil en eldiario.es. 

Este mecanismo defendido por Pablo Iglesias impediría a convocatoria de primarias en cada territorio de maneira que as persoas elixíbeis por Galiza serán as máis votadas nunha única candidatura estatal. 

De ser aprobada polo Consello Cidadán de Podemos, que se reunirá esta terza feira 30 de xuño, a posibilidade que se plantexa desde a dirección política da formación fronte a hipotéticas candidaturas de confluencia con outras formacións é a de deixar ocos baleiros nas candidaturas para incorporar outras persoas con posterioridade. Esta opción obrigaríaas a se integraren baixo a fórmula "Podemos trazo outra cousa", tamén defendida por Iglesias. 

Comentarios