Iglesias agradece a “xenerosidade” dos “aliados”, que permite “a enorme visibilidade de Podemos”

Di estar “encantado” de contar cunhas candidaturas “do cambio” que están “moito máis perto de gañar as eleccións”

Pablo Iglesias afirmou estar “orgulloso” das candidaturas de Podemos para as eleccións xerais, unha actitude que mantén tamén para aquelas das que fai parte o seu partido grazas a acordos en Galiza, Catalunya e Valencia. “Agradecer a xenerosidade aos nosos aliados, que permitiron unha enorme visibilidade de Podemos”, dixo Iglesias, para engadir que “estamos encantados de contar con outros compañeiros, as candidaturas do camio son moito máis fortes”.

O secretario xeral de Podemos considera que “grazas a estas candidaturas” con outras forzas están “moito máis perto de gañar as eleccións”. Pablo Iglesias dixo que Podemos realizou “primarias abteras” nas que “calquera cidadán podía participar no proceso”, e que as candidaturas “formáronse seguindo escrupulosamente o resultado das primarias. Son os cidadáns os que decidiron quen vai e en que orde”. Unha resposta esta que deu Iglesias ao ser preguntado polos xornalistas polo manifesto crítico asinado por 13 dos 15 deputados de Podemos en Andalucía -incluída a líder do partido nese territorio, Teresa Rodríguez-.

Comentarios