O home de Iglesias en Madrid di que prefire un pacto con PSOE-C's que terceiras eleccións

As declaracións do portavoz no Senado, Ramón Espinar, contrastan coas realizadas polo líder de Podemos un día antes nun mitin celebrado na Coruña, onde rexeitou pactar “co filial do PP”.

Ramón Espinar no Congreso (Foto: @RamonEspinar)
photo_camera Ramón Espinar fala con Irene Montero no Congreso (Foto: @RamonEspinar)

O portavoz de Podemos no Senado, Ramón Espinar, asegurou esta cuarta feira que a súa formación “facer un esforzo grande por evitar eleccións e chegar a un acordo do PSOE”. Un acordo no que dixo sería preferible que estivera tamén Ciudadanos, aínda que manifestou que parece haber “máis ganas en Podemos que no PSOE de que Pedro Sánchez sexa presidente”.

As declaracións de Espinar, durante unha entrevista na Cadena Ser, contrastan coas realizadas un día antes polo líder da formación morada. Pablo Iglesias, negou que foran a pactar con Ciudadanos, a quen cualificou de “equipo filial do PP”, durante o mitin no que participou na Coruña esta pasada terza feira.

Outra das polémicas do día en Podemos é o enfrontamento entre as súas cabezas máis visibles do partido na rede social Twitter. O secretario político Íñigo Errejón contestou a unha parte do discurso de Iglesias, onde facía mención a que os “corruptos” teñen medo da formación morada.

Outros líderes do partido morado uníronse ao debate na rede social, como Juan Carlos Monedero ou Irene Montero:

Un choque ao que o propio Iglesias e Errejón lle restaban importancia pouco despois noutra mensaxe en Twitter:

Comentarios