García Montero: ‘’Hai xente que non se conforma con marchar de IU a Podemos. Quer rachar IU por dentro’’

O candidato IU á comunidade de Madrid di ser partidario de partillar proxectos con outras formacións, mais non de que iso signifique a ‘’liquidación’’ de Izquierda Unida.

Garcia Montero IU

García Montero, o poeta e candidato de Izquierda Unida nas eleccións autonómicas madrileñas -que se realizan canda as municipais, o 24 de maio- considera que a IU estáselle a tender “moitas trampas” e a facer a cambadela. Unha opinión que expresou en relación aos conflitos que se viven na esquerda madrileña e con candidaturas como ‘Ahora Madrid’ e ‘Ganemos’. Para García Montero, hai persoas que “non se conforman con marchar de Izquierda Unida”, senón que o que queren é, afirmou, “rachar IU por dentro”.

O candidato manifestou que é favorábel a partillar proxectos con outras formacións políticas de propostas e ideas similares, mais sempre que isto non implique, dixo, a “disolución” ou “liquidación” de IU.

Comentarios