“Hai que poñer os puntos sobre os is fronte á brutal débeda que nos endosaron a toda a cidadanía”

Unhas xornadas orgalizadas por AGEe-GUE/NGL debullarán este sábado en Compostela a débeda pública e o seu impacto para facer outras políticas. Nas mesmas tomarán parte, entre outros, Éric Toussaint.

Rolda de Prensa de Lídia Senra sobre a Débeda_2656x1494

'A débeda pública. O impacto do memorando da Unión Europea' é o nome das xornadas que este sábado decorrerán na Facultade de Filosofía de Compostela organziadas por Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe), integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL). Unhas xornadas nas que tomarán parte, entre outros, Éric Toussaint, cunha conferencia sobre a diferenza entre legalidade e lexitimidade da débeda pública. O voceiro do Grupo Parlamentario de AGE, Xosé Manuel Beiras;o tamén deputado de AGE no Parlamento Galego Antón Sánchez; a membro da Plataforma Auditoría Cidadá da Débeda Iolanda Fresnillo; o integrante da Plataforma Saír do Euro Joan Tafalla; a economista Esther Duro ou o economista catalán Ramón Franquesa e o activista galego Miguel Quinteiro, son outros dos participantes.

Na presentación dads xornadas Lindia Senra Lídia Senra, eurodeputada deAGEe demandou que as forzas políticas de esquerda galegas e estatais coloquen o problema da débeda pública no centro do debate da próxima campaña electoral xa que, ao seu entender, “será dificil facer políticas reais de esquerda nun hipotético Goberno futuro se non se coloca como meta facerlle fronte á situación de débeda actual e non se presentan alternativas claras ao respecto”.

Senra ofreceu algúns datos alarmantes ao respecto da situación na que se atopa o Estado español a día de hoxe en canto á débeda pública. Se no ano 2007, a débeda pública por persoa ascendía a 8.404 euros e supoñía o 36,3% do Produto Interior Bruto (PIB), no ano 2015 ascende a 23.045 euros por persoa e supón o 99,2% do PIB. 

 A eurodeputada defendeu que a crise da débeda pública é o eixe central das reformas antisociais realizadas polos Gobernos nos últimos anos e, ante iso, chamou a buscar propostas concretas que lle fagan fronte e a facer deste un tema “clave” na campaña electoral dos comicios estatais do próximo 26 de xuño. “Hai que poñer os puntos sobre os ies fronte á brutal débeda que nos endosaron a toda a cidadanía”, dixo. 

Comentarios