Guillerme Vázquez exixe "unha oposición rotunda" das direccións de PPdG e PSdG ante a moción de Vimianzo

Rexeita as "declaracións de cara á galería" realizadas até o de agora e reclama que se pronuncien en contra dunha acción política que considera "absolutamente inxustificábel" e coa que a oposición quer botar da alcaldía o nacionalista Manuel Antelo
photo_camera [Imaxe: SG]


Unha oposición "rotunda" e medidas "contundentes" para @s edís da oposición que a apoien. Foi o que pediu o voceiro nacional do BNG, Guillerme Vázquez, en relación á moción de censura que presentaron PP, PSOE e Independentes en contra do alcalde nacionalista de Vimianzo, Manuel Antelo.

"É a moción da corrupción, absolutamente inxustificábel", subliñou Guillerme Vázquez este domingo en Compostela, momentos antes de participar na manifestación nacional pola soberanía.

A moción, asinada por tod@s @s edís da oposición agás os voceiros locais de PP e PSOE, non conta co apoio explícito das direccións galegas de ambos partidos. En senllos comunicados de imprensa, @s conservador@s anunciaron unha reunión co seu grupo municipal para tomar as decisións "oportunas" e @s socialistas advertiron que expulsarán "de inmediato" @s militantes que participen na moción.

Con todo, Guillerme Vázquez exixíu "medidas contundentes do punto de vista da organizacións, máis aló das declaracións de cara á galería" na liña de que manifesten publicamente o seu rexeitamento desta medida coa que a oposición pretende botar da alcaldía o nacionalista Antelo Pazos. O propio rexedor apelou ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, reclamando que dea "un paso contra a corrupción e impida que prospere a moción", pois alega que entre @s asinantes hai edís imputad@s e outras que non pagan os impostos do Concello.

Comentarios