Guillerme Vázquez considera que co recorte de deputad@s Feijóo prepara un "pucherazo"

O voceiro nacional do BNG entende que o presidente do PP galego quere cambiar a lei electoral no último minuto para manter a maioría absoluta

O Parlamento galego podería pasar d@s 75 deputad@s actuais a 60, un recorte que o presidente da Xunta, Núñez Feijóo, anunciou nunha entrevista no xornal La Voz de Galicia, onde sinalou que a adopción desta medida poderia ser inminente e enmarcouna no discurso da necesidade de reducir cargos e costes públicos por mor da crise. Mais detrás desta proposta, que non esconde un ton populista ao subirse á unha maré existente en certos sectores sobre a abundacia de polític@s, hai intereses e motivacións cun claro 'tufo electoral'.

O voceiro nacional do BNG, Guillermo vén de enmarcar o anuncio de Feijóo nunha dupla vertente. Por un lado, no feito de que o presidente da Xunta fai este tipo de declaracións tentando "desviar a atención", posto que a súa xestión nestes anos "non ten balanzo que presentar". Mais o nacionalismo tamén advirte de que o que o PP procura con estas propostas de reforma electoral é "gañar as vindeiras eleccións cun pucheirazo", mediante unhas modificacións á medida do PP".

Así, Guillerme Vázquez acusou o presidente do PP de tentar cambiar a lei eleitoral "no último minuto" para gañar as eleccións "cun penalti mal pitado".

Gravidade

O voceiro nacionalista tamén criticou "a ausencia clamorosa do goberno" e o "descontrol absoluto" do executivo ante unha situación que se agrava por momentos. 

O voceiro nacionalista tamén criticou "a ausencia clamorosa do goberno" e o "descontrol absoluto" do executivo ante unha situación que se agrava por momentos. 

En 6 meses o Goberno Rajoy conduciu ao Estado español a un "auténtico caos político, social e económico de magnitudes inenarrábeis. O barco está indo directamente e sen control a estrelarse contra os cons", enfatizou.

"O Goberno Rajoy é un goberno noqueado. Dá a impresión de que Mariano Rajoy actúa como o capitán do Costa Concordia: é o primeiro que abandona o barco", dixo Guillerme, quen alertou que o Estado español avanza "a marchas forzadas" cara á intervención "eufemisticamente chamada rescate".

Comentarios