Grupo confederal de Podemos na investidura: 21 minutos para Iglesias, 6 para Domènech, 3 para En Marea

Ter ou non ter grupo inflúe, e moito, no tempo do que dispós para defender as túas propostas no Pleno do Congreso ou para intervir nos debates.

en marea fernán vello gomez reino yolanda díaz
photo_camera Parlamentares de En Marea

A repartición do tempo de intervención do grupo “confederal” de Podemos no debate de investidura de Pedro Sánchez -que comezará esta tarde ás 16.30 coa intervención do líder do PSOE- deixa ver cal é o peso relativo dos seus componentes.

Dos 30 minutos asignados a cada grupo na intervención inicial, a matriz do confederal de Podemos -a liderada por Pablo Iglesias- disporá de 21, face os 6 adxudicados a En Comú Podem e os apenas 3 para a portavoz de En Marea, Alexandra Fernández (Anova).

Mais o debate onde realmente se substancia non é nas intervencións iniciais, mais si nas réplicas e contraréplicas

Mais o debate onde realmente se substancia non é nas intervencións iniciais, mais si nas réplicas e contraréplicas. Pois ben, nesa quenda desaparecen as confluencias e todo o tempo, toda a luz e todos os taquígrafos, serán para Pablo Iglesias (10 minutos na primeira sesión de investidura, 5 na segunda, a realizar a próxima sexta feira). O único con capacidade para rebater a Pedro Sánchez, segundo comunicaron fontes de Podemos a Europa Press.

Non acontecerá así coa representación de Compromís, os parceiros valencianos de Podemos. Ao estar no grupo mixto, poderán participar nas réplicas e contra-réplicas, tal e como fixo o BNG durante os 20 anos en que tivo representación no Congreso.

Comentarios