"Grazas a todos, foi unha honra": Carolina Bescansa deixa o Congreso

BESCANSA

Carolina Bescansa anunciou esta sexta feira que deixará seu escano no Congreso no primeiro trimestre de 2019, cando conclúan os traballos das comisións parlamentares das que fai parte. Unha decisión que anuncia apenas un días despois da súa derrota nas primarias para liderar Podemos Galiza contra Antom Gómez Reino.

A política compostelá asegurou que asume toda a "responsabilidade" do resultado das primarias internas e dixo que seguirá na organización da que é cofundadora e en política, aínda que non nas institucións. "Grazas a todos" concluíu a súa comparecencia, nun local compostelán.

"Acheguei o mellor de min nestes anos, desde o primeiro momento puxen as miñas habilidades analíticas sobre a mesa e axudei o máximo posíbel ao desenvolvemento do noso proxecto político", sinalou. "Foi unha honra, Tratei de estar á altura e terminarei o meu traballo no Congreso poñendo todo o meu esforzo e a miña capacidade para facelo o mellor posible, para facer o mellor para o meu país", dixo.

Comentarios