Goretti Sanmartín asume a portavocía municipal do BNG en Compostela

Releva o até agora voceiro, Rubén Cela, que seguirá como concelleiro.

almorzo informativo bng gotretti ruben

A concelleira e candidata á Alcaldía Goretti Sanmartín Rei asume a portavocía municipal do BNG de Santiago de Compostela, posto que até agora asumía Rubén Cela, que continuará como edil até as eleccións de 2019.

“Iso significa unha maior implicación, esforzo e dedicación aos temas de Santiago de Compostela”, afirmou a nova portavoz, que dixo sobre o proceso de elaboración da candidatura electoral que esta anunciarase a partir de setembro “cun equipo sólido e cohesionado, que coñeza ben a cidade e que combine experiencia de traballo con coñecemento das necesidades dos barrios, mais tamén renovado”.

Sanmartín lembrou que  Santiago de Compostela recibiu a través do Plan Único da Deputación – da que é vicepresidenta- máis de 2 millóns de euros cada ano que foron investidos en obras nos diferentes barrios e parroquias santiaguesas.

Comentarios