Google, con G de galego, cada vez máis perto

Android en Galego reuniuse esta semana con responsábeis da rede social.“Trasladáronnos unha mensaxe de complicidade e compromiso coa adopción do galego nos seus servizo”.

androidengalego
photo_camera androidengalego

Representantes da campaña que pide a Google poder ter o Android en galego mantiveron esta semana unha xuntanza con responsábeis desta empresa no Estado español. Unha cita na que se informou de primeira man e directamente a Google de que o galego té unha comunidade lingüística de 3 millóns de falantes. E que, aliás, está moi presente nas redes sociais e internet.

Desde Google “trasladáronnos unha mensaxe de complicidade e compromiso coa adopción do galego nos seus servizo”.

Nesta compañía informaron que na actualidade hai 60 idiomas prioritarios para eles, é dicir, idiomas aos que prestan especial atención e están na axenda de tradución ao lanzar un novo servizo, “entre os que está o galego. Deste xeito, cando lanzan calquera produto faise inicialmente en inglés, e logo vai chegando a tradución ao resto deses 60 idiomas nun prazo máis ou menos breve de tempo".

É por iso que "xa podemos ter na nosa lingua Drive ou Google+, dous dos produtos máis recentes. Porén, os servizos anteriores a esa selección de 60 linguas, van por un proceso máis lento (por exemplo, os casos de Android e Gmail). Pero van. E apuntaron que teríamos novidades proximamente, aínda que non quixeron concretar nin datas nin servizos afectados”.

Comentarios