Gonzalo Caballero promete recuperar a gratuidade dos libros texto

O candidato do PSdeG á presidencia da Xunta, Gonzalo Caballero, anunciou este sábado unha batería de medidas en materia educativa, entre elas, a gratuidade das escolas infantís de 0 a 3 anos, así como recuperar a dos libros de texto, tal e como ocorría no Goberno bipartito antes da chegada de Alberto Núñez Feijxoo a San Caetano.
2020030717593328147
photo_camera Caballero debullou nun acto en Pontevedra algunhas das propostas do PSdeG en materia educativa.

En declaracións en Pontevedra, nunha xornada na que realiza varios actos de precampaña de cara ao 5-A, Caballero mostrou o seu "compromiso claro" coa educación pública, e asegurou que as medidas que propón son "factíbeis" e contan cuns custos que están "expostos" e serán viables nos Orzamentos da Xunta.

O candidato socialista avoga pola "potenciación" da rede de escolas infantís, mentres valora o "avance" que supuxo no seu día a gratuidade dos libros de texto co Goberno presidido por Emilio Pérez Touriño. Como censurou, as políticas de Feixoo en materia educativa supuxeron "un retroceso".

Ademais, a cabeza de lista polo PSdeG manifestou a súa aposta na FP Dual, a primeira matrícula gratuíta nos graos do sistema universitario galego e nun sistema de fondos propios de bolsas par os másteres.

Tamén propón "impulsar" prazas de comedor nos centros co fin de "facilitar a conciliación; unha medida, sinala, que vai no camiño de defender "máis dereitos" para as mulleres, a través da "liberdade e igualdade real".

Comentarios