Gonzalo Caballero optará á reelección á fronte do PSdeG

A piques de abrirse a carreira polo liderado no PSdeG.
O socialista Gonzalo Caballero, en Santiago (Foto: Nós Diario)
photo_camera O socialista Gonzalo Caballero, en Compostela. (Foto: Nós Diario)

Diante da estatua do histórico Pablo Iglesias, en Santiago, Gonzalo Caballero anunciou esta quinta feira, 23 de setembro, que se presentará á reelección como secretario xeral do PSdeG. Precisamente, o comité nacional do partido reúnese esta sexta para abordar a convocatoria do seu XIV congreso, que decorrerá no mes de decembro.

A preguntas da prensa, descartou entrar en "hipóteses" sobre se haberá outras candidaturas que lle disputen o liderado e valorou que o proxecto do PSdeG "é feminista, galeguista, ecoloxista e que está na esquerda". Sobre estes eixos, dixo, "traballarase no relatorio marco do congreso".

Aliás, fixo balance destes catro anos como secretario xeral en que "o PSdeG avanzou en apoio electoral en todas as convocatorias: en eleccións xerais, municipais, europeas, tamén en galegas" -onde foi sobrepasado polo BNG-

Nos últimos tempos movéronse fichas que poden facer emerxer novos e vellos liderados. Desde a decisión do Executivo estatal de pór José Miñones como delegado do Goberno na Galiza, cunha axenda diaria pública moi activa; até o posíbel retorno do ex secretario xeral Gómez Besteiro após a súa desimputación pola xustiza.

A dirección socialista de Ourense exixe a expulsión de avalistas de Noela Blanco

A dirección ourensá do PSdeG remitiu comunicación urxente a Ferraz solicitando a suspensión de militancia de avalistas de Noela Blanco que "insultaron gravemente" Pedro Sánchez nas redes sociais.

Este domingo haberá votacións en Ourense para elixir as e os delegados que participarán no Congreso Federal do PSOE en Valencia.

O ourensán é o único territorio galego con dúas listas, a liderada Blanco e a de Francisco Fumega, que apoia a dirección galega e ourensá. 

Comentarios