venres 21.02.2020
Eleccións 5A

Gonzalo Caballero (PSdeG): “É un fin de ciclo”

O líder dos socialistas galegos, Gonzalo Caballero, no Parlamento (Nós Diario).
O líder dos socialistas galegos, Gonzalo Caballero, no Parlamento (Nós Diario).

O secretario xeral do PSdeG e candidato socialista, Gonzalo Caballero, valorou o adianto electoral como a mostra dun “fin de ciclo” do Partido Popular na Galiza. “Hai un cambio en curso”, manifestou en declaracións á Cadena Ser, e ese vai ser, acrecentou, “un cambio positivo para as galegas e galegos”.

Caballero afirma que  o adianto colle ao PSdeG “preparado” e coas “tarefas feitas” para derrotar un “Goberno agónico” que considera que non é quen de atender as necesidades da sociedade galega.

comentarios