Fusión de candidaturas

Gonzalo Caballero confirma a súa condición de favorito ao obter o apoio de Leiceaga

O economista vigués afronta a recta final das primarias do PSdeG con todo a favor para as gañar. Non só obtivo a vitoria parcial na batalla dos avais, senón que agora integra na súa candidatura o portavoz parlamentar Xoaquín Fernández Leicega, que renuncia a pelexar pola secretaría xeral. En fronte fica só Juan Díaz Villoslada, que atacou o acordo dos seus contrincantes co argumento de que se realiza "de costas á militancia".

Gonzalo Caballero
photo_camera Gonzalo Caballero

Esta segunda feira Caballero e Leiceaga convocan os meios para formalizaren o seu acordo. O portavoz parlamentar intégrase na candidatura do economista vigués, o dirixente da liña sanchista que derrotou o susanismo de Abel Caballero na cidade máis populosa do sul do país nas primarias á secretaría xeral do PSOE.

O acordo pasa por que Caballero sexa secretario xeral e, naturalmente, por que Leiceaga manteña a súa condición de portavoz do grupo parlamentar. Caballero e Leiceaga encabezaron a recolla de avais, con 2.6 e 2.323, respectivamente. Villoslada ficou por debaixo, con 2.100.

O ex xerente da UDC xogará agora a baza de se apresentar el como o candidato da militancia fronte ao que apresentará como acordo cupular dos seus rivais partidarios. Con este acordo co portavoz do grupo parlamentar, Caballero tenciona facerse cos sufraxios dos sectores susanistas que tiñan Leiceaga como referente.

Comentarios