Gonzalo Caballero, primeiro candidato para as primarias do PSdeG

O integrante do comité federal do PSOE confirmou esta terza feira 18 de xullo a súa decisión de apresentarse como candidato á lideranza do PSdeG 

Gonzalo Caballero
photo_camera Gonzalo Caballero

Gonzalo Caballero afirmou esta terza feir estar disposto a traballar e a apresentarse ás primarias ao tempo que declaraba non ter ningún medo ás mesmas. O dirixente vigués, nunha entrevista na Radio Galega, mostrábase optimista aínda que preocupado por conseguir dotar a organización “dun bon proxecto, dun bon equipo de dirección e dunha boa estratexia”, asunto no que traballará durante o verán para, nas súas palabras, “configurar unha nova etapa no PSdeG coherente coa nova etapa que abriu o PSOE no Estado”.

Con referencia a se Pedro Sánchez lle trasladou a súa decisión de se apresentar ás primarias, Caballero optou por non confirmar nin desmentir. “Non lle corresponde ao secretario animar ninguén a se apresentar. Cada un ten que ter o seu papel", declarou.

 

Comentarios