26M

Gonzalo Caballero amósase satisfeito polos resultados do PSdeG e o suspenso a Feixoo

As eleccións do 26M significaron un importante avance para o PSdeG ante un PP que continúa perdendo poder. O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, amósase satisfeito após analizar uns resultados que simbolizan para o líder do PSdeG a “apertura dun tempo novo para o país”, en relación á nova caída que sofre Feixoo.

gonzalo caballero executiva nacional PSdeG
photo_camera Gonzalo Caballero na executiva nacional PSdeG

Após a análise dos resultados que saíron das urnas este 26 de maio, o secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, compareceu ante os medios e amosouse satisfeito após obter máis de medio millón de votos nas urnas galegas. A ese respecto, Caballero afirmou que as galegas e galegos están diante da “apertura dun novo tempo político no país” após a cidadanía volver “dicir non” ao PP e a Feixoo, afirmou.

Caballero apuntou que o PSOE está reafirmado xa como a principal forza na Galiza e no Estado

Caballero apuntou que o PSOE está reafirmado xa como a principal forza na Galiza e no Estado e sinalou que liderarán “gobernos de progreso en seis das sete cidades”. Dá por feito así o bastón de mando de Ourense para o PSdeG após o popular Jesús Vázquez adiantar que non ve posíbel poder pactar con Democracia Ourensá. Nesa liña, salientou que os resultados amosan a existencia dunha “maioría social de progreso e de esquerdas liderada con moita claridade polo PSdeG”.

Afirmou que  Feixoo recibiu un novo suspenso das galegas e galegos

En canto a Feixoo, afirmou que recibiu un novo suspenso das galegas e galegos, e salientou que, pese ao Presidente da Xunta tentar facer destes comicios unha segunda volta das xerais, volveu recibir un “un non” nas urnas. “Dixéronlle non en abril e volvéronllo dicir”, incidiu. Por iso, Caballero considera a obtención destes resultados como un ”cambo de ciclo político en Galiza” e comprometeuse a traballar para editalo nas eleccións galegas de 2020. Así mesmo, confesou o líder do PSdeG ter recibido os parabéns de Pedro Sánchez polo “magnífico resultado obtido en Galiza”.

En canto aos vaivéns de Feixoo sobre Vox, o líder do PSdeG emprazouno a “instalarse no centro e na moderación rexeitando o posíbel pacto do PP con Vox en Madrid, e retouno a “dicir hoxe mesmo que o PP no pode pactar coa ultradereita en ningunha comunidade ou concello”.

Resultados do PSdeG

O PSdeG logrou pasar do 26,26% dos apoios ao 32,77% e de 48 a 66 maiorías absolutas, entre as que destaca a de Vigo, onde Abel Caballero obtén tres actas máis, até chegar a 20. Asina tamén 27 maiorías relativas, fronte ás 30 das anteriores municipais.

Destaca o resultado conseguido en Compostela, onde ascende dos catro aos dez edís e onde ten asegurada a súa volta á alcaldía.

Comentarios