Laxe cre que no referendo catalán deberían votar tod@s @s cidad@ns do Estado

O ex presidente da Xunta, Fernando González Laxe, bate contra o dereito a decidir de Catalunya e urxe un "pronunciamento taxativo" do Constitucional.
Fernando González Laxe, nun acto do PSdeG
photo_camera Fernando González Laxe, nun acto do PSdeG

"Rexión" e "rexional" son os adxectivos máis empregados polo que foi presidente da Xunta de Galiza entre 1987 e 1990. González Laxe fala nestes termos de Catalunya nun artigo de opinión que publica esta segunda feira o diario La Voz de Galicia. O socialista, quixo na súa columna --que só aparece asinada na edición en papel-- expresar con clareza o seu rexeitamento á Declaración de Soberanía aprobada polo Parlament catalán o pasado 23 de xaneiro da que di "é unha decisión unilateral" emanada dunha Cámara "rexional" que non pode ser aceptada en termos constitucionais.

González Laxe mesmo considera que a decisión catalá de "arrogarse os dereitos soberanos" baten cos principios "da nosa democracia" polo que urxe ao Tribunal Constitucional a se manifestar "sen perder un minuto", semella que antes mesmo de que o Goberno español interpoña o recurso de inconstitucionalidade. Porén, González Laxe insta ao executivo de Mariano Rajoy a emitir "unha declaración inmediata para negarlle a eficacia xurídica" ao que di é unha "declaración de ruptura".

Segundo o ex-presidente da Xunta, considerar a Catalunya "un suxeito político e xurídico soberano", supón unha vulneración da Constitución española e atribúe á cidadanía catalá un dereito que non lle corresponde. "Perante calquera decisión que poña en cuestión o Estado, deben ser todos os cidadáns os que se pronuncien" e, non, acrecenta Laxe, "en exclusiva os dunha rexión, comunidade autónoma ou concello". Desta maneira, o ex-presidente omite que nos procesos de autodeterminación e independencia desenvolvidos até o momento a decisión recae sob o pobo daquel territorio que se encamiña cara á liberación nacional e, non, sob a metrópole. Exemplos como o do Quebec ou o referendo pola independencia en Escocia, dan boa conta de que Canadá ou o Inglaterra non teñen dereito a voto no proceso de secesión.

Ou acaso Israel e Marrocos votarían pola independencia de Palestina e o Sáhara?

Comentarios