mércores 15.07.2020

Gómez-Reino reclama que se determinen as funcións da Deputación Permanente

O líder da coalición formada por Galicia en Común, Anova e as mareas lembra que após a disolución do Parlamento da Galiza este é "o único órgano de control ao Goberno galego".
Antón Gómez-Reino, Eva Solla e Martiño Noriega nunha rolda da coalición Galciia en Común, Anova e as mareas (Imaxe: Europa Press)
Antón Gómez-Reino, Eva Solla e Martiño Noriega nunha rolda da coalición Galciia en Común, Anova e as mareas (Imaxe: Europa Press)

O voceiro de Galicia en Común, Antón Gómez-Reino, censurou a pasada segunda feira o "desplante" do presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feixoo, despois de que este obviase a reunión semanal coas forzas da oposición. "Foi Feixoo quen reclamou a nosa colaboración e o apoio que agora rexeita, foi quen pediu un diálogo permanente e construtivo. Parece máis interesado en facer propaganda”, afirmou Gómez-Reino.

Feixoo parece máis interesado en facer propaganda, afirmou Gómez-Reino

O voceiro da coalición Galicia en Común, Anova e as mareas municipais criticou que fronte as numerosas horas dedicadas a ofrecer declaracións aos medios de comunicación, Núñez Feixoo comparecese unha única vez ante a Deputación Permanente.

O dirixente lembrou que a súa formación ten achegado propostas "serias" para paliar os efectos da epidemia da COVID-19. “Negarse a debatelas non é un desplante a Galicia en Común, senón un desprezo á cidadanía galega, que está reclamando colaboración e unidade aos partidos”, engadiu.

Negarse a debater as nosas propostas é un desprezo á cidadanía galega, engadiu

Ao tempo, denunciou que un mes despois da declaración do estado de alarma, e co Parlamento da Galiza disolto após a falida convocatoria electoral, non se estabelecese un funcionamento extraordinario para o "único órgano de control" ao Goberno galego.

Gómez-Reino tamén cargou contra a falta de "transparencia" da Xunta á hora de ofrecer datos desagregados sobre os contaxios por coronavirus. "É unha decisión que só serve aos intereses do PP", lamentou, cualificándoa de "estratexia imprudente e desleal". 

comentarios