Define Anova como un "aliado preferente" para as municipais e as galegas

Gómez-Reino asegura que os alcaldes das Mareas apoian a súa candidatura

unnamed
photo_camera Gómez-Reino, candidato de En Común pola Coruña

"Esta é a candidatura de Pablo Iglesias, Alberto Garzón, Mónica Oltra, Teresa Rodríguez, Ada Colau ou Xulio Ferreiro. Somos as memas. E de Martiño Noriega tamén, claro". Yolanda Díaz, candidata por Pontevedra ás eleccións xerais do 28 de abril, reclamou deste xeito o apoio dos alcaldes da Coruña e Santiago de Compostela -o de Ferrol, Jorge Suárez, está incluído tamén- á candidatura de En Común-Unidas Podemos, malia que aqueles non teñen anunciado aínda cal é a súa opción para os comicios trala ruptura do espazo En Marea co que tanto Díaz como Gómez-Reino, candidato pola Coruña, obtiveron a súa acta de deputado na última convocatoria, en 2016. 

"Non falamos de partidos alleos", sinalou a candidata ferrolá por Pontevedra, quen destacou, ademais, que a ruptura con En Marea despois da decisión de Podemos e Esquerda Unida de non participar nas eleccións internas do partido instrumental "é un tema pechado". Máis explícito foi Gómez-Reino no referido a Anova, a quen cualificou de "aliado preferente" de cara ás municipais e galegas. "Son unha parte máis de este espazo, Seguiremos traballando nas municipais e autonómicas de cara a construír unha candidatura que ten que desprazar o PP e Feixoo da Xunta", sinalou o líder de Podemos Galiza no acto de presentación das candidatas e candidatos de En Común ao Congreso e Senado. 

Comentarios