O DíA DESPOIS DE SER APOIADO POR PEDRO SáNCHEZ

Golpe ás aspiracións de Besteiro ao ser imputado en 6 delitos

Gómez Besteiro será investigado por soborno, prevaricación, tráfico de influencias, fraude ás administracións públicas, fraude de subvencións e delito continuado de malversación de caudais públicos.

José Ramón Besteiro
photo_camera José Ramón Besteiro

O día despois de que Pedro Sánchez aproveitase o seu paso por Galiza para dar o seu apoio e amosar a súa total confianza a Gómez Besteiro, a xuíz de Lara atribúe ao secretario xeral do PSdeG seis delitos. Un duro golpe ás aspiracións do socialista por ser candidato á Xunta de Galiza. Aos catro delitos polos que está a ser investigado Besteiro no marco da 'Operación Garañón' engádense agora estes seis na 'Operación Pulpo', unha investigación centrada na Deputación de Lugo sobre adxudicacións ilícitas.

A maxistrada cita en calidade de investigado [antes, imputado] a Besteiro para o vindeiro 11 de maio e atribúelle seis delitos: soborno, prevaricación, tráfico de influencias, fraude ás administracións públicas, fraude de subvencións e delito continuado de malversación de caudais públicos. Todos relacionados á súa etapa como presidente da Deputación de Lugo.

No mesmo auto, Pilar de Lara imputa ademañis outras seis persoas, entre elas, o dono de Monbus. Na 'Operación Pulpo' investígase se houbo adxudicacións ilícitas para favorecer determinados grupos empresariais, entre eles Monbus. A xuíza fala de gastos "sen ningún tipo de límite" de cartos públicos. O caso abrangue 15 tomos e a xuíz ha levantou parcialmente o segredo de 14.

De Lara sitúa no eixo da trama que investiga a Besteiro, o seu xefe de protocolo e a súa xefa de imprensa

Besteiro: "Lamento a indefensión á que estou exposto"

A través dun comunicado emitido nesta sexta feira, Gómez Besteiroafirma que "polo de agora non podo dar ningún tipo de explicación nin achegar información sobre este tema, xa que está baixo secreto de sumario e non teño acceso aos motivos polos que a mesma xuíza me volve chamar como investigado nesta ocasión".

O secretario xeral do PSdeG afirma que "cando dispoña dalgún dato" procederá a aclarar "todo o que sexa oportuno". Finaliza lamentando "unha vez máis a inadmisible indefensión á que estou exposto".

Comentarios