Apupos e berros de 'corruptos' dan a benvida ao banco dos acusados ao goberno local de Compostela

O alcalde, Ángel Currás, e o ex-rexedor Conde Roa acompañaron os 7 edís imputados por prevaricación que están a ser xulgados esta segunda feira. Concentracións ás portas dos Xulgados recibiron aos acusados con apupos eberros contra a corrupción.

pokemon
photo_camera Lavandeira Jr (EFE)

Santiago de Compostela xa ten a foto da que avergoñarse. Sete membros do goberno local (PP) sentados no banco d@s acusad@s encausad@s por prevaricación. Chegaron ao Xulgado entre apupos e berros de 'fóra corruptos' procedentes da veciñanza que participaba nas concentracións ben do BNG, ben Candidatura do Povo, ben 'Santiago de Corruptela'. Non faltaron os disfraces de 'Pikachus', personaxe da serie 'Pokemon', que dá nome a unha operación na que tamén está ensarillados membros do excutivo local compostelán.

O alcalde, Ángel Currás e o ex-rexedor Conde Roa fixeron acto de presenza para apoiar aos sete acusados. Un deles, o concelleiro Juan de la Fuente, dixo estar “tranquilo”. A tamén edil, e tamén im putada e tamén do PP, María Pardo optou por se definir como “cabreada”. Amelia González, Juan de la Fuente, Cecilia Sierra, María Pardo, María Castelao, Francisco Noya e Luis García Bello son os concelleiros do PP para os que se piden nove anos de inhabilitación para cada un.

Están acusados de querer pagar con diñeiro público a defensa do seu compañeiro Adrián Varela, edil imputado na trama 'Pokemon' por presunta corrupción.

“Hixiene democrática”

Na porta dos Xulgados estivo a deputada nacionalista Ana Pontón, que denunciou a situación “vergoñenta” e “indecente” que se estaba a vivir e sinalou as responsabilidades de Núñez Feijóo na mesma, “El dixo no parlamento que se estes concelleiros imputados chegaban a ser procesados, demitirían, mais xa sabemos o que val a palabra de Feijóo”. O deputado de AGE Xesús Ron dixo que a foro dos 7 edís sentados no banco dos acusados é "trsite para a democracia" e para Compostela.

O vicepresidente da Xunta e secretario xeral do PPdeG, a preguntas d@s xornalistas, limitouse a sinalar que a imaxe dos edís populares de Compostela no banco dos acusados “nin nos gusta nin é doada”.

Declaracións

Ao longo da mañá van ir declarando os diferentes concelleiros imputados.Unha delas foia voceira do goberno local, María Pardo, que recoñeceu en sede xudicial que "non era o momento administrativo oportuno" para analizar se se cumprían os condicionantes legais para aprobar o pago con diñeiro público da defensa al Adrián Varela, imputadona 'Operación Pokémon'. Pardo mesmo cualificou a decisió como  "un error político enorme".Porén, defendeu que era legal.

Haberá ampliación

Comentarios