O goberno español levanta o veto a debater a transferencia da AP-9

Unha delegación da Cámara galega defenderá o traspaso no Congreso.

AP9

O Congreso dos deputados deu luz verde para que se poida debater a proposición de lei para a transferencia a Galiza da AP-9. Así, mentres o Senado inicia os trámites da terceira petición do Parlamento de Galiza para que se transfira a Autopista do Atlántico, a primeira proposición ten luz verde (ano e medio despois) para o debate no Congreso: a proposición de lei que agora se vai debater é a de 2017.

Unha delegación da Cámara galega será quen defenda esta iniciativa. Estará composta por tres representantes: Martín Fernández Prado (PPdeG), Antón Sánchez (En Marea) e  Xaquín Fernández Leiceaga (PSdeG). O BNG fica fóra por ser a forza con menos deputados no Parlamento galego.

Porén, a terceira proposión aprobada polo Parlamento para levar ao Congreso o debate desta transferencia ten adiada a designación da comisión que a defenda após as queixas do BNG por ficar excluído.

Comentarios