xoves 05/08/21
"É DE SENTIDO COMúN QUE OS PAIS FAGAN PARTE DA DECISIóN", DIXO O MINSTRO CATALá

O goberno español exixirá "inmediatamente" ás menores consentimento familiar para abortar

O ministro de Xustiza, Rafael Catalá, avanzou que a reforma será aprobada "xa" e atribúe a celeridade ao "sentido común".

Moncloa
[Imaxe La Moncloa]

O goberno español continúa adiante coa reforma lexislativa anunciada após a retirada do anteproxecto de lei para os dereitos do concibido e da muller grávida. Neste senso, as presións exercidas polos grupos de ultra-dereita e anti-abortistas van facendo efecto e o ministro de Xustiza, Rafael Catalá, xa avanzou esta terza feira que a obriga de contar con consentimento familiar para interromper o embarazo no caso das mulleres de 16 e 17 anos será aplicado "inmediatamente". 

Catalá sinalou nuns almorzos informativos decorridos esta mañá que a reforma será aprobada polo Consello de [email protected] nas vindeiras semanas e entrará en vigor "xa". Neste senso, apelou ao "sentido común" para xustificar a posición do Partido Popular a respeito da libre decisión das mulleres de 16 e 17 anos. "É de sentido común que os pais fagan parte dese núcleo familiar de decisión", apuntou

A reforma será introducida através da Lei de protección do menor que deseña o Ministerio de Sanidade desde hai meses e segundo Catalá o executivo español agarda que conte cun "amplo consenso". 

As forzas da oposición viñeron amosando o seu rexeitamento a tal reforma que limita e condiciona o poder de decisión das menores ao vérense obrigadas a contar co consentimento familiar. Aliás, o movemento feminista tamén criticou con dureza tal decisión e insta ao seu rexeitamento. 

comentarios