O Goberno español adía a fragmentación de Renfe até setembro

Ana Pastor comunicou ás centrais sindicais que a fragmentación fica adiada, porén non atribuíu nas súas explicacións a decisión ao sinistro de Compostela

O Ministerio español de Fomento comunicou esta sexta feira ás centrais sindicais que paraliza a fragmentación de Renfe até o mes de setembro. O anuncio prodúcese após o accidente de tren rexistrado na Galiza no que 78 persoas perderon a vida. 

Ana Pastor, asegurou que o Consello de Ministr@s non abordará até despois das vacacións de verán o proceso de liberalización da Rede Nacional de Ferrocarril (Renfe). A medida anunciada polo Goberno de Mariano Rajoy prevé a división en catro a actual entidade pública para, previsibelmente, proceder á súa privatización a través da concesión a empresas privadas --como xa aconteceu co servizo de comboios de luxo.

Embora a ministra española non atribuíu a decisión á traxedia vivida en Angrois, os sindicatos consideraron "definitiva" esta circunstancia no adiamento. No entanto, a medida será tramitada en setembro e o executivo español continuará adiante coa proposta. 

A reforma prevé dividir o servizo en catro entidades: pasaxeir@s, mantemento de comboio

Comentarios