O goberno español inicia accións penais contra a presidenta do Parlament

O executivo central demanda ao Tribunal Constitucional que declare nula a resolución aprobada esta semana pola Cámara catalá de 'desconexión con España'.

Soraya Sáenz de Santamaría
photo_camera Soraya Sáenz de Santamaría

O Consello de ministros do goberno español aprobou levar ao Tribunal Constitucional as conclusións da comisión do 'Procès Constituent' que esta cuarta feira foron aprobadas no Pleno do Parlament cos votos a favor de JxS e a CUP. Soraya Sáenz de Santamaría, vice-presidenta do executivo español, demando ao TC que aperceba Carme Forcarell, presidenta da Cámara, e Carles Puigdemont, presidente catalán, coa ameaza de sancións e accións penais.

“O goberno español está a coartar a liberdade de expresión do Parlament e dos seus deputados. Non queren deixarnos debater. É moi triste” (Forcarell)

A propia Santamaría explicou que o que demandou o goberno ao TC é que declre “nula” a resolución aprobada o 27 de xullo, a “suspensión inmediata”, así como unha serie de medidas sobre Carme Forcarell, os membros da mesa do Parlament e o secretario da mesma, advertindo das consecuencias de tramitar a resolución aprobada. As accións que se propoñen son unha multa de entre 3.000 e 30.000 euros, a suspensión de funcións e a responsabilidade penal que corresponda, de habela.

Forcarell respondeu que a unha presidenta non se lle pode pedir que renuncie ás súas ideas mais si que se lle pode demandar ecuanimidade para que todos no Parlament se poidan expresar. Lembrou que o pleno do Parlament é o órgano supremo e é soberano, limitándose presidenta e mesa a ordenar o debate. “Os problemas políticos han de se resolver politicamente e o goberno do Estado español non deixa de intentar resolvelos xuridicamente”. E engadiu: “O goberno español está a coartar a liberdade de expresión do Parlament e dos seus deputados. Non queren deixarnos debater. É moi triste”.

Comentarios