O goberno catalán convocará o 1-O a seguir a aprobación da lei do referendo

Todos os consellers asinarán o decreto que habilita a consulta vinculante nun acto solemne no Parlament de Catalunya.

parlament catalunya

O debate e votación da lei de referendo no Parlament de Catalunya acumula varias horas de retraso sobre as previsións que se manexaban con anterioridade ao inicio deste pleno. O retraso, porén, non mingua a vontade da maioría soberanista na Cámara de aprobar esta lei. A partir de entón, e segundo informa Nació Digital, o seguinte paso é que o goberno catalán en pleno asine o decreto de convocatoria do referendo do 1 de outubro, tan pronto a aprobación da lei figure no Boletín Oficial do Parlament.

A intención de Junts pel Sí e CUP é que se nomeen xa as cinco persoas que farán parte da sindicatura electoral cos seus respectivos suplentes. Os nomes xa están acordados, segundo ND, mais non se deron a coñecer aínda.

O Parlament aprobou o debate exprés da leim de referendo nun pleno tenso e moi crispado por momentos. A oposición tentou sen éxito frear a tramitación da norma que abre as portas á consulta do 1-O. 

Comentarios