O gasto militar da UE, a debate na Galiza

A vicepresidenta da Subcomisión de Seguridade e Defensa do Parlamento Europeo, a alemá Sabine Lösing, estará en Compostela nun acto con Lidia Senra sobre o gasto armamentístico.

Sabine Lösing die linke armamento gasto militar
photo_camera Sabine Lösing

Nas novas prioridades orzamentarias da UE figuran elementos como a defensa, a seguridade e as fronteras exteriores que substitúen otros como a loita contra a desigualdade entre territorios.  A fronteiras exteriores e seguridade destinaranse 21.300 millóns de euros, fronte aos 5.600 millóns do período anterior. En seguridade e defensa, investiranse 27.515 millóns de euros e dentro desta partida hai 13.000 millóns para crear un fondo novo de Defensa. E o capítulo de infraestruturas para facilitar a mobilidade militar financiarase con 6.500 millóns de euros dentro do Mecanismo Conectar Europa.

Así pois, estase ante todo un reto para aqueles e aquelas que apostan noutra Europa, afastada do militarismo. Para falar destes retos, a vicepresidenta da Subcomisión de Seguridade e Defensa do Parlamento Europeo e eurodeputada do Die Linke alemán, Sabine Lösing, viaxará por primeira vez á Galiza esta semana. Será para participar, convidada pola súa compañeira galega dentro do Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL), Lídia Senra, nunha charla-coloquio titulada “Con esta Europa non hai paz. Non ao gasto militar”. O acto terá lugar no Salón de Graos da Facultade de Políticas da Universidade de Santiago de Compostela (USC), a quinta feira 8 de novembro ás 19:00 horas, e será presentado polo catedrático de Economía Aplicada Xavier Vence.

Lidia Senra considera fundamental dar a coñecer como as institucións europeas “están comprometendo a paz na UE”.  A eurodeputada do GUE/NGL polo Die Linke alemán Sabine Lösing é vicepresidenta da Subcomisión de Seguridade e Defensa do Parlamento Europeo e unha grande experta neste tema. Durante a charla, ofrecerá a súa visión crítica coas decisións que está a tomar a UE ao respecto dun maior gasto en militarización. Esta será a primeira vez que se poderá escoitar a Lösing na Galiza e a charla contará con servizo de tradución simultánea do alemán ao galego.

Comentarios