Garzón pide a EU e EuiA que aclaren o pacto de integración dos seus deputados en Podemos

IU solicitou unha xuntanza coas federacións en Galiza e Catalunya para tratar “solucións posíbeis” a unha situación na que Izquierda Unida ten 2 deputados no Grupo Mixto e 3 no grupo 'confederal' de Podemos.

pablo garzon
photo_camera Garzón e Iglesias

Alberto Garzón, deputado de IU-Unidad Popular, quere que as súas federación en Galiza e Catalunya que lle aclaren o pacto polo cal deputados de Esquerda Unida e Esquerra Unida i Alternativa pasan integrarse no grupo 'confederal' de Podemos. Segundo recollen axencias como Europa Press, Garzón admite descoñecer o contido “real” do acordo atinxido polo partido de Pablo Iglesias coas candidaturas de confluencia de Galiza e Catalunya, En Marea e En Comú Podem. Nesta liña, dase a “paradoxa” de que mentres IU ten 2 deputados que van ao Grupo Mixto (Garzón e Sol Sánchez), tres escanos de IU van estar dentro do grupo de Podemos ao se presentar nas alianzas territoriais. Entre eles, Yolanda Díaz, que concorreu na Marea.

Sempre segundo as axencias, IU solicitou as reunións coas federacións para que lle informasen do acordo atinxido e “as solucións posíbeis a esta situación”.

Censura a actitude de Podemos

Alberto Garzón tamén mostrou o seu malestar con Podemos por non permitir o partido de Pablo Iglesias que a súa formación asinase un acordo con Compromís-Podem para conformar un grupo parlamentar propio no Congreso.

“Era un detalle de cortesía e xenerosidade parlamentar que non tivo”, dixo Garzón. Lembrou que por mor dos resultados o 20-D, 2 deputados e 3,7% dos votos, a única fórmula “legal” que tiñan para formar grupo parlamentar era unirse a Compromís-Podem. Explicou que tanto PSOE como Cs xa lle trasladaran que non impedirían esa fórmula. “Era legal, era posíbel e a Mesa íao autorizar, mais Podemos negouse”. Alberto Garzón, iso si,dixo que IU está aberta atecer alianzas con opcións que traballen pola maioría social. “Non temos grupo parlamentar porque non cumprimos os requisitos.Podemos non axudou, mais non son os responsábeis”.

Comentarios