Garzón afirma en Vigo que En Común-Unidas Podemos é a candidatura dos “dereitos humanos”

O coordinador federal de Izquierda Unida participou nun acto electoral en Vigo, onde subliñou a importancia das eleccións do 28A.

En comun unidas podemos garzon yolanda

Alberto Garzón veu a Vigo para participar no mitin de En Común-Unidas Podemos, un acto no que o candidato ao Congreso por Málaga e coordinador federal de Izquierda Unida subliñou a importancia destas eleccións. “O 28A xogámonos o país que se pode construír nos próximos anos e votar a Unidas Podemos é a única forma de garantizar un futuro para todos e todas”, manifestou,.


Garzón afondou en que “esta candidatura é a única que pode resolver os problemas desde a raíz. Cando hai unha oposición entre os dereitos humanos e poderes económicos, Unidas Podemos di dereitos humanos. O resto di poderes económicos” .


A candidata ao Congreso de En Común-Unidas Podemos, Yolanda Díaz, dixo que o PSOE non leva a cabo medidas como derrogar a reforma laboral, intervir o prezo da luz ante os abusos das eléctricas ou reclamarlle á banca que devolva os 60 mil millóns de euros do rescate porque “ten débedas cos poderosos”. Fronte a isto, reclamou o voto para En Común Unidas Podemos porque “só nós podemos facer que o Goberno mire polos intereses da xente”. 


Pola súa banda, o candidato ao Congreso pola Coruña, Antom Gómez Reino, advertiu de que “o PSOE cando está forte goberna con políticas de dereitas. Por iso é tan importante un goberno no que estemos, para recordarlle cal é o camiño. Temos a oportunidade de elixir unha alternativa para as maioría sociais”.

Comentarios