A 'garda pretoriana' de Feijóo para o 25S

Alfonso Rueda, Diego Calvo, Francisco Conde e Marisol Díaz acompañarán o candidato popular nas listas para o 25S.

PP candidatura eleccións
photo_camera Imaxe: PPdeG

Núñez Feijóo desvelou esta cuarta feira os nomes dos cabezas de lista do PpdeG das catro provinciais para as eleccións do 25 de setembro, as persoas que o acompañarán para intentar revalidar a maioría absoluta. Feijóo encabezará a lista por Pontevedra, seguido por Alfonso Rueda, a súa man dereita no goberno e no propio PPdeG. Diego Calvo liderará a candidatura pola Coruña, o conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, por Lugo e a actual delegada da Xunta en Ourense, Marisol Díaz, pola circunscrición ourensá. Todos eles son persoas da máxima confianza do líder popular.

Feijóo puxo estes nomes como exemplo de “renovación”, afirmando que todos “debutan” como cabezas de lista. O presidente do PpdeG tamén apontou que a diferencia doutras formacións, as candidaturas realizáronse “sen sobresaltos” nin leas internas. “Non encabezaría nunca unha candidatura nun partido con pelexas”. 

Comentarios