García-Escudero e Nasarre admiten que cobraron sobresoldos do PP

O presidente do Senado e o parlamentar popular afirman ter recibido sobresoldos do PP en declaracións ao xuíz da Audiencia Nacional española, Pablo Ruz. Os pagamentos oscilaron entre os 4.200 e os 1.800 euros ao mes

 

Pío García-Escudero e Eugenio Nasarre admitiron esta segunda feira en declaración xudicial teren percibido sobresoldos do PP. Os dados achegados por ambos os dous militantes populares veñen a confirmar as informacións recollidas polo ex-tesoureiro do PP Luís Bárcenas --e mesmo van para alén das notas tomadas por este. 

O actual presidente do Senado, García-Escudero confirmou ter recibido pagamentos por valor de 4.200 euros mensais entre 1999 e 2003 en concepto de "gastos de representación". Pola súa banda, o deputado Eugenio Nasarre confirmou ao maxistrado ter cobrado sobresoldos de 1.800 euros entre 2000 e 2004. 

Nasarre asegurou na súa declaración que estes pagamentos eran "habituais" no partido e que eran estandarizados desde a Secretaría Xeral do PP. 

Comentarios