Galiza sextuplica a 'ratio' de pacientes por fisioterapeuta recomendada pola OMS

A Organización Mundial da Saúde recomenda un fisioterapeuta por cada 3.000 en persoas. No noso país é un por cada 17.000.

fisioterapeuta

En Galiza hai un problema de escasez de fisioterapeutas na sanidade pública. Temos un profesional por cada 17.000 habitantes, 6 veces máis que a ratio recomendada pola Organización Mundial da Saúde (OMS), que fixa un fisioterapeuta por cada 3.000 habitantes. Hai situacións, ademais, como a da Eoxi de Vigo, onde hai un fisioterapeuta por cada 24.000 habitantes.


O deputado socialista Julio Torrado considera que a última convocatoria de prazas para esta especialidade é “insuficiente para cubrir as necesidades”. Así, dixo, logo das 54 prazas convocadas polo goberno bipartito en 2009, en dez anos de xestión tan só convocaron 11 prazas en 2015 e outras 71 en 2019 “coincidindo con que había eleccións xerais e locais”.


Tamén urxiu o goberno galego a publicar a Guía de Actuación en Fisioterapia elaborada e entregada polo Colexio Oficial de Fisioterapeutas en 2017, que o Sergas se comprometera a publicar en 2018 pero que “desapareceu da axenda” e en marzo de 2019 “ninguén sabe onde está”.


 

Comentarios