Galiza Nova mobilízase contra o enchufismo en Ponteareas

A organización xuvenil do BNG, Galiza Nova, realizou a primeira das concentracións anunciadas contra do enchufismo e pola igualdade de oportunidades coa presencia dun unido grupo de persoas de todas as idades.
Concentración de Galiza Nova contra o enchufismo en Ponteareas
photo_camera Concentración de Galiza Nova contra o enchufismo en Ponteareas

A situación crítica das contas no Concello de Ponteareas e o enchufismo que, segundo Galiza Nova, leva a cabo o Partido Popular de Ponteareas, protagonizaron a primeira das mobilizacións para pedir a demisión do alcalde Salvador G. Solla. As xuventudes nacionalistas contaron coa intervención de Roberto Mera, ex-portavoz Municipal do BNG, que arrancou en diversas ocasións os aplausos de todos os alí presentes. Mera fixo referencia ás “políticas caciquís que se levaron a cabo co BNG na oposición e Castro como alcalde, e que agora Solla continúa”.

As xuventudes nacionalistas contaron coa intervención de Roberto Mera, ex-portavoz Municipal do BNG

Ao remate da concentración, Hugo Domínguez, Responsábel Local de Galiza Nova, leu “o manifesto contra o enchufismo” que a organización xuvenil redactou para tal efecto. Este manifesto resumía as "nefastas consecuencias do goberno do PP e Solla" e denunciaba que “basta xa de enchufismo, basta xa de incompetencia, basta xa de política de favores suicidas de Solla e o PP”. Concluía a intervención esixindo a “demisión de Salvador G. Solla por incompetente” que espertou un gran aplauso dos asistentes para expresar a súa conformidade coa esixencia.


Máis en POLÍTICA
Comentarios