‘Galiza si!’: O debate sobre o estado da nación inaugúrase nas redes da man do nacionalismo

O portavoz parlamentario do BNG, Francisco Jorquera, avanza esta sexta feira nas redes o debate nun encontro virtual con todos e todas @s internautas que queiran formular preguntas, propostas ou calquera iniciativa.

Jorquera
photo_camera Jorquera

O BNG abriu un enderezo na canle 'reddit'  (http://www.reddit.com/r/galizasi/), baixo o nome de 'Galiza Si!' para que calquera persoa ou colectivo poda enviar as súas preguntas, propostas e achegas sobre o debate do estado da nación. Cuestións que esta sexta feira 3 de outubro, a partir das 11:00 horas Francisco Jorquera responderá desde a propia oficina do grupo parlamentario do BNG, nun encontro tamén aberto aos medios.

“Na parte que me toca, por suposto vou contestar a todas as preguntas que formulen as persoas que se animen a participar, aínda as que podan parecer máis críticas no fondo ou na forma, porque o obxectivo deste encontro pola rede é precisamente poder escoitar directamente a quen teña algo que dicirnos de cara ao debate do estado da nación ou doutras cuestións que xurdan”, avanzou Jorquera.

No enderezo reddit aberto hai menos de 24 horas xa se recibiron media ducias de cuestións nas que se lle pregunta a Jorquera pola “utilidade” do debate do estado da nación, se lle interpela pola “actitude branda” do BNG coas declaracións do delegado do Goberno en Galiza, sobre as peaxes ou sobre as escolas infantís.

Comentarios