As eleccións a ollos de… Víctor F. Freixanes

“Galiza necesita dispoñer de voz propia no Parlamento español”

Como editor, xornalista e escritor, Víctor F. Freixanes salienta o dereito a existir de Galiza na política, mais tamén nos espazos da cultura, a ciencia, a economía ou na comunicación.

Victor F Freixanes ©Iolanda Casal
photo_camera Victor F Freixanes ©Iolanda Casal

Víctor Freixanes, que responde a Sermos Galiza en calidade de editor, xornalista e escritor, considera que “Galiza necesita dispoñer de voz propia no Parlamento español, e no Parlamento europeo”, así como en todos aqueles foros onde directa ou indirectamente se tomen decisións que nos afecten. “Ou mesmo para estar presente no concerto dos pobos do mundo”, engade.

“Unha Galiza agochada, secuestrada, disimulada, folclorizada é unha Galiza morta”, alerta Freixanes, para quen unha Galiza sen voz, sen capacidade para comunicar sen intermediacións os seus intereses, as súas propostas e as súas ideas “é unha Galiza inexistente, non operativa”.

Valora tamén que se trata de “reivindicar o dereito a existir. E non só na política, tamén nos espazos da cultura, a ciencia, a economía, a comunicación”, conclúe.

Comentarios