Galicia en Común-Anova Mareas solicita á Xunta “medidas concretas” para pemes e autónomos

Desde a coalición apuntan a que o sistema sanitario privado galego se poña a disposición do Goberno de Feixoo.

Martiño Noriega (Anova), Antón Gómez-Reino (Podemos Galicia) e Eva Solla (Esquerda Unida) en Compostela [Imaxe: Europa Press].
photo_camera Martiño Noriega (Anova), Antón Gómez-Reino (Podemos Galicia) e Eva Solla (Esquerda Unida) en Compostela [Imaxe: Europa Press].

A coalición Galicia en Común-Anova Mareas solicitaralle á Xunta da Galiza que ditamine “medidas concretas” para que as pemes e os autónomos poidan “facer fronte” ás consecuencias económicas que trae consigo a crise sanitaria da COVID-19.

Así, esta agrupación de partidos mostrou a súa “preocupación” polas persoas autónomas e as pemes que nas próximas semanas se verán afectadas polo “impacto económico” que está a ter a expansión do coronavirus polo territorio galego.

A coalición entende como unha medida “fundamental” que se manteñan os postos de traballo e que se evite que a “repercusión económica do virus” a paguen as mesmas persoas “de sempre”. Por tal motivo, instaron á Xunta a “concretar, canto antes, os apoios que dará a ambos colectivos”.

Por outra parte, Galicia en Común quixo lembrar que garda “lealdade institucional”, ao tempo que agradeceu “a todo o persoal do sistema sanitario galego” o seu labor “fronte a aquelas persoas que desmantelaron o sistema público”, lembra.

Así mesmo, a coalición tamén puxo o foco sobre a necesidade de frear a escala de contaxios, polo que apunta a “seguir orientacións das autoridades sanitarias e as recomendacións do persoal experto”.

reclaman “que non só o sistema público asuma o peso da xestión desta crise, senón que o sistema privado tamén se poña a disposición da Xunta da Galiza”.

“É tempo de solidariedade, de coidarnos e de coidar as persoas máis vulnerábeis”, mais tamén é tempo de cooperar entre institucións e partidos políticos”, puntualizaron.

Desde a coalición consideran que as medidas que adoptou o Goberno e a Xunta son tan “extremas como os acontecementos”, que non teñen precedente. Ademais, estas decisións “teñen o obxectivo de garantir a saúde de toda a cidadanía” e por iso reclaman “que non só o sistema público asuma o peso da xestión desta crise, senón que o sistema privado tamén se poña a disposición da Xunta da Galiza”.

Comentarios