Gómez Reino pide explicacións ao Goberno español por condecorar un militar brasileiro que defende a ditadura

Concedeu a Orde do Mérito Militar ao xeneral  Edson Leal, que cualificou a ditadura unha “salvación” no Brasil perante a posibilidade dun réxime de esquerdas.

EDSON LEAL PUJOL BRASIL MILITAR
photo_camera Edson Leal

O goberno español condecorou recentemente o xefe do Exército de terra brasileiro, Edson Leal Pujol, militar que xustifica a ditadura fronte á posibilidade dun goberno de esquerdas.  O deputado de En Común-Unidas Podemos, Antón Gómez-Reino, rexistrou no Congreso unha batería de preguntas ao Goberno en relación á concesión da Gran Cruz do Mérito Militar con distintivo branco a este militar.

"Ten previsto o Goberno retirar a desafortunada concesión da Cruz do Mérito Militar ao señor Leal?", pregunta o deputado, que esixe ao Executivo que explique as razóns que levaron a tomar esta decisión.

Ademais, pide que aclaren os méritos que xustifican a concesión do distintivo e pregunta pola influencia da concesión da Orden do Mérito Militar ao xeneral Francisco Javier Varela Salas, Xefe do Estado Maior del Exército de Terra español, por parte do Goberno de Brasil.

Comentarios