Galeg@s de Catalunya rexeitan as declaracións do presidente do centro de Barcelona contra a consulta

O ateneu 'Aquén Nós' replica ao presidente do Centro Galego de Barcelona, que manifestou que os galegos eran contrarios á consulta, que “non representa a tod@s @s galegos en Catalunya”.

O ateneu galego de Girona 'Aquén Nós' defende o dereito de Catalunya a decidir o seu futuro. Unha postura que parte da lóxica de que defenden ese mesmo dereito para Galiza. As declaracións de Manuel Carrete, presidente do Centro Galego de Barcelona, a un xornal español no que se posicionaba contra a consulta do pobo catalán; “non son representativas dos galegos en Catalunya”.

Para 'Aquén Nós', e así o manifesta no seu blog, Carrete confunde deliberadamente as súas opinións persoais coa representación que ocupa, pois tamén é vice-presidente da Federación Galega de Entidades Galegas en Catalunya. Aliás, repróchanlle “a súa afección a se fotografiar con cargos do PP en Catalunya acompañando ao presidente da Xunta”.

Por último, pídenlle que se centre en garantir a transparencia e a pluralidade no centro galego da cidade condal.

Comentarios