Galaicopanel: Feixoo á beira de perder a maioría absoluta

O ‘Galaicopanel’ de Electomanía sitúa o PSdeG como segunda forza, con 19 representantes e outorga 13 ao BNG, por 5 de Galicia en Común-Anova. PP obtería 38 deputados.

Colexio electoral na Coruña
photo_camera Colexio electoral na Coruña

O Partido Popular perdería 3 representantes o 5-A, pasando de 41 a 38 escanos e ficando ao bordo de perder a maioría absoluta, o que situaría Núñez Feixoo fóra da presidencia do Goberno galego.

Este é un dos datos que ofrece o ‘Galaicopanel’ de Electomanía, un portal que elaborou un barómetro sobre as elección galegas en base a 1.000 respostas por cada entrega e resultados históricos previos destes comicios. As populares rexistrarían un apoio de 44%, case 4 puntos por baixo dos que acadaran hai catro anos.

En base a este traballo, o PSdeG obtería 19 representantes, 5 máis que os que ten actualmente, ao lograr 23,4% dos apoios.

O BNG situaríase como terceira forza. Con 13 cadeiras no Parlamento galego e un apoio de 17,1%, o que supón 7 deputadas máis e un incremento no apoio de 9 puntos.

O ‘Galaicopanel’  outorga 5 escanos a Galicia en Común-Anova (8,5% dos votos) e 0 representantes no Parlamento para Vox e Ciudadanos.

Comentarios