Unha fusión sen ninguén ao volante

A falsa auditoría de KPMG das caixas galegas ispe a xestión de Alberto Núñez Feixóo no proceso que deu a pistolada de saída ao esmiuzamento do sistema financeiro galego. Eis un extracto da reportaxe publicada no número 297 de Sermos Galiza.

Méndez caixas
photo_camera Feixóo con Méndez (Caixa Galicia)

3O goberno de Feixóo defendeu a fusión das caixas galegas en base a unha auditoría de KPMG que nin era tal auditoría nin recomendaba a fusión. A posta de ramo perfecta ao desaguisado que supuxo o esfarelemanto do sistema financeiro galego  que nesta década fixo que Galiza ficase realmente sen entidades de seu. Unha realidade con efectos e consecuencias concretas no tecido socioeconómico do país.

Frances Gibert, un dos responsábeis daquel informe de KPMG encargado pola Xunta sobre as caixas galegas e polo que pagou un millón de euros, recoñece que era un informe “de trazo gordo”, que “en ningún caso” fora unha auditoría das entidades e que nunca recomendara a fusión. Todo o contrario do que o goberno de Núñez Feixóo dicía en 2010, cando presentara ese traballo como o aval definitivo que recomendaba fusionar Caixanova e Caixagalicia.


As declaracións de Gilbert no Congreso colleron, en certa medida, a Xunta nas patacas e ispen a xestión de Feixóo, padriño político da fusión, no proceso de unión das entidades. Que o goberno de Feixóo situaba o traballo de KPMG como basilar para xustificar a fusión evidénciano as declaracións naquela altura de Feixóo e Marta F. Currás (concelleira de Facenda) e as propias notas de prensa da Xunta. 
 

[Podes ler a peza íntegra no número 297 de Sermos Galiza, á venda na loxa e nos quiosques habituais]

Comentarios